top of page


WMC KERKRADE 2026
Non cabe dúbida de que as bandas de música son un piar esencial do patrimonio cultural musical en España. A Comunidade Valenciana e Galicia son os territorios nos que máis bandas de música populares existen; agrupacións que non só enchen de música os eventos sociais, senón que son, en moitos casos, o motor cultural máis importante do municipio. A Agrupación Musical do Rosal é unha das mellores e máis numerosas bandas de música de Galicia, e o pasado 1 de agosto decidiron demo
litorequartet
5 days ago


Selkie Tour
Entre o 7 e o 21 de xullo estivemos inmersos no universo de Selkie. Aínda que encargamos e estreamos esta obra de Brais González no ano 2024, estivemos traballando desde entón para levar a obra a un novo nivel escenográfico. Neste artigo contámosvos tódolos detalles deste Tour Selkie 2026, como cambiou a obra, e as novidades que virán no futuro. Sira no papel de Ailsa durante a reestrea de Selkie. Teatre del Raval de Gandía. Gandía, 16/07/2026. Fotografía de Agustina Pasini.
litorequartet
Sep 2


Entrevista a Laura Moise
Laura Moise foi, durante moitos anos, a profesora de teatro de Sira. Cando vimos a necesidade de traballar cunha directora de escena para mellorar o noso proxecto Selkie, Sira non tivo ningunha dúbida: hai que chamar a Laura! Laura é actriz e profesora de teatro, licenciada en arte dramática pola Universidade de Bucarest. Tras unha carreira internacional como actriz no Teatro Hebreo do Estado en Bucarest e numerosas formacións en Europa e nos Estados Unidos, actualmente resid
litorequartet
Aug 26


VIGO SAX FORUM 2026
Por segundo ano consecutivo, tivemos o pracer de participar no Vigo Sax Forum como artistas convidados e membros do profesorado. A sétima edición deste festival de saxofón celebrouse do 28 de xuño ao 5 de xullo en Valladares (Vigo), reunindo máis de 250 clases impartidas por 10 saxofonistas de recoñecido prestixio internacional. Nesta entrada do blog compartimos os momentos máis destacados dunha semana inesquecible! O Cuarteto Lítore no escenario con Tomás Alonso, David Salle
litorequartet
Aug 19


XUNTOS NA DISTANCIA XIII – ENCONTRO FINAL DA TEMPORADA 2025/26
Pechamos a tempada 2025/2026 co encontro máis longo e intenso da nosa historia: 11 actuacións, numerosas viaxes e actividades en tres países diferentes. Aínda que nas vindeiras semanas publicaremos resumos específicos dos catro grandes proxectos que levamos a cabo, neste artigo facemos un resumo de todo o que vivimos durante estas semanas. Lítore Quartet tras a súa actuación xunto á Agrupación Musical do Rosal no World Music Contest de Kerkrade, Países Baixos. 1 de agosto de
litorequartet
Aug 7


ENTREVISTA A IRENE CANTOS
Irene Cantos é a compositora gañadora da nosa convocatoria de encargo de composición 2026, na que participaron 30 mulleres compositoras españolas. Natural de Albacete, Irene non é só compositora, senón tamén pianista e produtora musical. Actualmente reside en Helsinki, Finlandia, onde realiza o máster de composición. Os seus intereses xiran arredor do diálogo entre a música renacentista e a contemporánea, en combinación con técnicas de electroacústica. Hoxe traémosvos ao blog
litorequartet
May 13


XUNTOS NA DISTANCIA XII
O pasado 24 de abril aterrábamos en Valencia para comezar un curto pero intenso encontro de ensaios. Xunto coa directora de escena Laura Moise, traballamos na nova versión do conto escénico Selkie de Brais González. Neste artigo do blog contámosvos todas as novidades! O saxofón barítono de Miquel baixo a décimo terceira lúa chea do ano – Ensaio de Selkie. Alfauir, Comunidade Valenciana, 26/04/2026 O mes de xullo estará cheo de actividades, ensaios e actuacións. Un destes prox
litorequartet
May 6


INTERVIEW WITH JUAN MOREDA
Hoxe traemos ao blog unha entrevista moi especial para nós. Juan non é simplemente unha importante referencia profesional para Lítore Quartet, senón un gran amigo co que vivimos múltiples vivencias. Lítore Quartet naceu inspirado pola efémera pero incrible traxectoria do cuarteto de saxofóns Psaiko Quartet, no que Juan tocaba o saxofón tenor. Actualmente, Juan forma parte do colectivo Argo Kollektiv, un ensemble de música contemporánea con sede en Viena do que el mesmo é cofu
litorequartet
Mar 4


A nosa experiencia no concurso de interpretación de música de nova creación re_cre@
O 25 de xaneiro recibíamos a noticia da nosa selección para o concurso de interpretación de música de nova creación re_cre@. Dúas semanas máis tarde, xa nos atopabamos en Molins de Rei ensaiando para preparar este concurso celebrado en Castellón de la Plana, no que finalmente recibimos o segundo premio. Neste artigo do blog, contámosvos todos os detalles desta experiencia. O sábado 7 de febreiro aterrabamos en Barcelona tras as nosas viaxes desde Palma, Vigo, Zürich e Helsink
litorequartet
Feb 18


O NOSO COMPROMISO COA CREACIÓN ACTUAL
No ano 2022, tras o noso primeiro encargo dunha obra para cuarteto de saxofóns, fixamos un dos nosos principais compromisos: apoiar e difundir a creación actual. Desde entón, mantivemos o obxectivo de encargar e estrear, cando menos, unha obra cada ano. Neste artigo do blog contamos como o fixemos e por que o seguiremos facendo no futuro. Fotografía e edición de Inma del Valle Todo comezou cun simple correo dirixido a Eduardo Soutullo, un compositor que nos interesaba e que a
litorequartet
Jan 28


Lítore Quartet busca unha compositora emerxente para o seu encargo de 2026!
Neste artigo do blog atoparás toda a información sobre a convocatoria. Tamén podes descargar as bases en formato PDF a continuación: 1. Obxecto da convocatoria Desde Lítore Quartet temos o compromiso de estrear unha peza dun/unha compositor/a actual cada ano. Ata o momento, contamos con estreas de compositores como Eduardo Soutullo, Salvador Brotons, Brais González e Mauricio Sotelo. Decatámonos de que non xurdiu a posibilidade de colaborar cunha compositora española e cremos
litorequartet
Jan 12


ENTREVISTA ÁS NOSAS NAIS
Realizamos entrevistas a compositores, profesores e compañeiros que foron relevantes no noso desenvolvemento como grupo. Hoxe é a quenda de catro persoas que foron, son e serán esenciais en todos os aspectos das nosas vidas: hoxe queremos dedicar este artigo do blog ás nais Lítore! Para iso, fixémoslles 10 preguntas relacionadas cos nosos inicios na música, os obstáculos do noso camiño profesional e a súa perspectiva sobre o proxecto Lítore. Este é, sen dúbida, un dos artigos
litorequartet
Dec 17, 2025


DANDO VIDA A NOVA MÚSICA VII
Este ano tampouco faltamos ao noso compromiso co encargo e estrea de novas obras para cuarteto de saxofóns. Os pasados días 13 e 15 de novembro, as localidades de Molins de Rei (Cataluña) e Gandia (Comunidade Valenciana) acolleron a estrea mundial dunha obra moi especial dedicada ás vítimas da DANA: Cantes de Agua y Duelo Neste artigo do blog contamos todos os detalles desta nova obra dun dos compositores españois con maior proxección internacional e traxectoria: Mauricio So
litorequartet
Dec 10, 2025


XUNTOS NA DISTANCIA XI
O último encontro do ano 2025 celebrouse baixo o sol do Mediterráneo. Molins de Rei e Gandía acolleron un novo programa que quixemos dedicar ás vítimas e afectadas polo desastre da DANA en Valencia, que cumpriu un ano o pasado 29 de outubro. Neste artigo do blog contamos todos os detalles do encontro e algúns adiantos dos proxectos que están por vir en 2026. Lítore Quartet na sala de actos do Museo do Renacemento, Molins de Rei. 13/11/2025. O día 9 de novembro xa estabamos to
litorequartet
Nov 28, 2025


ENTREVISTA A TOMÁS ALONSO
Unha das persoas máis importantes nos primeiros anos de Lítore foi, sen dúbida, Tomás Alonso. Nese tempo, entre os anos 2019 e 2021,...
litorequartet
Oct 2, 2025


XUNTOS NA DISTANCIA X: ENCONTRO FINAL DE TEMPADA 2024/25
Entre o 22 de xuño e o 10 de agosto levamos a cabo o encontro final da xa pasada tempada 2024/25. Nos dous artigos anteriores do blog...
litorequartet
Aug 4, 2025


LÍTORE NO VIGO SAX FORUM!
Entre o 30 de xuño e o 6 de xullo celebrouse o Vigo Sax Forum, un curso de saxofón fantástico que ten lugar cada ano nesta cidade da...
litorequartet
Jul 28, 2025


LÍTORE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SAXOFÓN DE PALMELA 2025!
Para pechar o noso encontro de verán e poñerlle o punto final á tempada 2024/25, o domingo 6 de xullo collemos os coches e puxemos rumbo...
litorequartet
Jul 21, 2025


ENTREVISTA A XABIER CASAL ARES
Hoxe traémosvos ao blog de Lítore unha entrevista moi especial. Grazas á nosa etapa como estudantes no Conservatorio Superior das Illas...
litorequartet
Jun 13, 2025


4 VISIÓNS DA DISTANCIA
En xuño de 2022 vímonos obrigados a cambiar a nosa forma de traballar. Os estudos de máster leváronnos ás cidades de Helsinqui,...
litorequartet
May 23, 2025
bottom of page
