top of page

XUNTOS NA DISTANCIA XI

O último encontro do ano 2025 celebrouse baixo o sol do Mediterráneo. Molins de Rei e Gandía acolleron un novo programa que quixemos dedicar ás vítimas e afectadas polo desastre da DANA en Valencia, que cumpriu un ano o pasado 29 de outubro. Neste artigo do blog contamos todos os detalles do encontro e algúns adiantos dos proxectos que están por vir en 2026.


Lítore Quartet na sala de actos do Museo do Renacemento, Molins de Rei. 13/11/2025.
Lítore Quartet na sala de actos do Museo do Renacemento, Molins de Rei. 13/11/2025.

O día 9 de novembro xa estabamos todos en Barcelona, listos para comezar a traballar. O programa presentaba varias novidades: as obras Albada de Vicente Asencio e Tres Piezas Breves de Adam Ferrero como música de compositores valencianos; un arranxo da famosa Danza Macabra de Camille Saint-Saëns; e a estrea mundial da obra Cantes de Agua y Duelo do compositor Mauricio Sotelo.


Cheo na sala de actos do Museo do Renacemento, Molins de Rei. 13/11/2025.
Cheo na sala de actos do Museo do Renacemento, Molins de Rei. 13/11/2025.

Os primeiros días do encontro pasámolos en Molins de Rei, onde principalmente realizamos intensas xornadas de ensaio para preparar o primeiro concerto na sala de actos do Museo do Renacemento de Molins de Rei. Tivemos a sorte de tocar cunha sala ateigada, xa que todas as entradas foran vendidas unha semana antes do concerto. Grazas a Miquel Bofill, antigo profesor de saxofón do noso saxofonista barítono Miquel, por confiar en nós para levar a nosa música a Molins. Grazas tamén a Eva e Jordi, os pais de Miquel, por coidárnolos tan ben durante estes días.


Miquel fala da nosa actuación en Molins o 13 de novembro de 2025 no programa Bon Dia i Bona Hora de Radio Molins. Fai clic aquí para escoitar a entrevista!
Miquel fala da nosa actuación en Molins o 13 de novembro de 2025 no programa Bon Dia i Bona Hora de Radio Molins. Fai clic aquí para escoitar a entrevista!


O venres día 14 madrugamos para coller un tren camiño de Gandía. A Casa de la Marquesa agardábanos o sábado día 15 para un concerto moi especial, no que contaríamos coa presenza de Mauricio Sotelo. Alí non só gozamos da incrible gastronomía valenciana e do bo tempo: aproveitamos a tarde do venres e a mañá do domingo para traballar coa marabillosa directora de escena e profesora de teatro Laura Moise.


O traballo con Laura foi moi especial. O noso obxectivo é mellorar a nosa futura xira de Selkie pola “España Baleirada”, un proxecto premiado co Café Bauhaus Award da European Union Youth Orchestra. Para iso, traballamos con Laura exercicios orientados a mellorar a nosa interpretación e a encher de emoción a fermosa historia composta por Brais González. Aprendemos unha chea nestas sesións. Entre risas e unha gran intensidade emocional, Laura soubo transmitirnos a súa enerxía e paixón polo teatro. Moi pronto saberedes máis sobre este proxecto tan interesante.


Laura Moise, Hugo e o técnico Jordi durante as gravacións das narracións de Selkie. Gandía, 16/11/2025.
Laura Moise, Hugo e o técnico Jordi durante as gravacións das narracións de Selkie. Gandía, 16/11/2025.

O domingo día 16 regresamos ás nosas casas coa satisfacción de compartirmos de novo un gran proxecto e cumprirmos con éxito os obxectivos anuais. Grazas a Sira nai por coidárnolos tan ben e por todo o apoio durante a nosa estancia en Gandía. Até a próxima!


 
 
 

Comments


LOGO LITORE DEFINITIVO.png
INAEM 02 CAJETIN ROJO.png
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page