top of page
litorequartet

XUNTOS NA DISTANCIA: TERCEIRO ENCONTRO

O pasado 4 de maio reunímonos de novo en Palma para preparar o concerto do día 6 en Llubí, Mallorca; e o concerto do día 7 en Guardamar da Safor, Valencia. Este terceiro encontro estivo marcado pola estrea da obra Danses i Festes do noso amigo Pau Cladera, o traballo sobre a memorización do repertorio e, sobre todo, pola ledicia que sempre implica volver subirnos a un escenario xuntos.



O xoves 4 de maio empezamos as intensas xornadas de ensaio. Traballamos en profundidade obras dos compositores Eugène Bozza, Alfred Desenclos, William Albright, Héctor Parra e Alexander Glazunov. Tamén tivemos a oportunidade de reunirnos con Pau Cladera novamente para traballar a súa obra Danses i Festes, que estreamos no Teatre Municipal de Llubí o sábado 6 de maio. Por suposto, tamén tivemos tempo para celebrar o 22 aniversario de Jaime e brindar por moitos máis anos xuntos.


O sábado 6 de maio realizamos un ensaio xeral no Conservatori Superior de Música de lles Illes Balears ao que acudiron algúns dos nosos amigos da aula de saxofón do centro. Ás 20:00 horas daba comezo o noso concerto en Llubí, enmarcado no Festival de Música Km0 organizado pola fundación Aprojove. Alí interpretamos un programa titulado Sax Populi, elaborado con obras que manteñen un vínculo co pobo e as súas particularidades culturais desde diferentes perspectivas. Ademais de interpretar obras do repertorio orixinal para cuarteto de saxofóns, pechamos o concerto cun arranxo da coñecida Cançó de bres per a una princesa negra, do compositor mallorquín Antoni Rodríguez. Con todo, o elemento central do programa foi, sen dúbida, a estrea da obra Danses i Festes de Pau Cladera, inspirada en cancións e melodías populares de Mallorca. Grazas Pau, tanto a ti como á túa familia, pola confianza en nós para levar a cabo este proxecto e o pracer que supuxo dar vida á túa música.




O domingo pola mañá viaxamos a Valencia co punto de mira posto no noso concerto en Guardamar da Safor. Tras comernos unha boa paella, acudimos ao salón de actos do municipio para preparar o concerto. Alí, rodeados como sempre dos nosos familiares, puxemos punto e final a este encontro nun lugar moi especial para Sira. Queremos agradecer a José Luis Carreres o seu incondicional apoio e a súa aposta por Lítore para achegar o cuarteto de saxofones á xente de Guardamar. Tamén queremos dar as grazas ao concello de Guardamar da Safor pola súa confianza no noso traballo. Foi un enorme pracer volver tocar en Valencia!



Grazas a todas aquelas persoas que nos acompañastes nesta aventura, en especial aos pais de Sira e Miquel, que nos coidaron e apoiado enormemente estes días. Isto non para! Ata pronto!




Comments


LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page