top of page

LUME NA PALLEIRA


O pasado 23 de maio o noso cuarteto sonou no programa Lume na Palleira da Radio Galega Música. Fixémolo grazas a unha gravación feita en exclusiva para esta ocasión, na que interpretamos un arranxo de propia elaboración do intermedio Lembranzas da zarzuela La Virgen de la Roca. Esta obra foi composta no ano 1910 polo baionés Ángel Rodulfo co obxectivo de recadar cartos para a construcción do monumento A Virxe da Rocha.


A partir do minuto 15:15 poderedes escoitar a Xaime Estévez e a Emilio Españadero falando da fermosa historia que agocha esta zarzuela e a nosa versión do seu intermedio Lembranzas.


Esperamos que vos guste!





Programa Radio Gal - Programa Lume na Palleira A nosa versión de "Lembranzas" de Ángel Rodulfo 23 de maio de 2021


Comments


LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page