top of page

COÑECE O NOSO LOGO

Dende o océano Atlántico que baña as Rías Baixas ata a ribeira mediterránea de Gandía e Barcelona: Lítore Quartet está cheo de mar, un fermoso nexo de cor azul que dá nome á nosa agrupación e fala o idioma da avoa das nosas linguas nais: o latín.


Como unha imaxe vale máis que mil palabras, decidimos buscar unha persoa disposta a plasmar a nosa esencia como grupo nun logo e enriquecer así a nosa imaxe corporativa. Tivemos a sorte de contar coa axuda de Noelia Pazos, estudante de deseño na Universidade Complutense de Madrid, quen creou as dúas versións do noso logo: tanto a que empregamos na tempada 19/20 como a versión actual. Neste artigo do blog ensinarémosvos a súa evolución e a simboloxía que agocha.


Para plasmar a nosa procedencia de lugares costeiros da Península Ibérica, ou mellor dito, do litoral; o logo orixinal contou dende o comezo cun detalle de cor azul na letra L e unhas ondas que a separaban da letra Q. Porén, o grupo nace en Mallorca, un territorio en forma de illa rodeado polo Mediterráneo, que está representado no logo a través da súa forma circular. O noso instrumento tampouco podía estar ausente, e por iso o deseño da letra L imita a forma dun saxofón. Así naceu a primeira versión do noso logo.






O pasado ano 2021 decidimos actualizalo, pero sen renunciar a súa esencia, xa que nos sentíamos moi identificados con el. Desta vez, Noelia nos propuxo varias novas versións do logo, de cores e tipos diferentes, que podedes ver a continuación.






Finalmente escollimos un logotipo que mantiña a esencia do orixinal, co saxofón representado na letra L, o detalle de cor azul e as ondas do mar. O cambio máis significativo é que pasou a ser un isologo, é dicir, un logo que inclúe o nome do grupo.




Dende a súa creación, o noso logo nos leva acompañado en tódolos nosos proxectos e é unha parte indispensable da nosa identidade como grupo. Grazas Noelia polo teu traballo e por este deseño que tanto nos gusta!


LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page