top of page

LÍTORE NO VIGO SAX FORUM!

Updated: Aug 31

Entre o 30 de xuño e o 6 de xullo celebrouse o Vigo Sax Forum, un curso de saxofón fantástico que ten lugar cada ano nesta cidade da costa galega. Nesta edición tivemos o pracer de participar como profesorado e artistas. Neste artigo do blog contámosvos todos os detalles da experiencia!


Cartel do concerto de Lítore Quartet emmarcat no Vigo Sax Forum 2025.
Cartel do concerto de Lítore Quartet emmarcat no Vigo Sax Forum 2025.

O martes 1 de xullo comezamos as clases no Vigo Sax Forum, con sede no Conservatorio Profesional de Música de Valladares. Alí tivemos a oportunidade de impartir clases a alumnado de nivel elemental e profesional, así como a varios grupos de música de cámara. As novas xeracións veñen máis preparadas ca nunca! Ademais, ese primeiro día tamén ofrecemos unha charla sobre a actividade e xestión dunha agrupación de música de cámara a través da nosa propia experiencia.


Lítore Quartet imparte unha charla sobre a xestión dun grupo de música de cámara. Conservatorio de Valladares, 01/07/2025.
Lítore Quartet imparte unha charla sobre a xestión dun grupo de música de cámara. Conservatorio de Valladares, 01/07/2025.

Pola tarde, ofrecemos un concerto enmarcado nas actividades do curso no Auditorio de Valladares. Arredor dun público cheo de saxofonistas e melómanos locais, interpretamos obras de Eugène Bozza, Hèctor Parra, Alfred Desenclos, William Albright e Ferenc Farkas.


O mércores 2 de xullo, ademais de continuar coas clases, tivemos o privilexio de tocar con Ángel Soria, actual catedrático de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Navarra e unha figura de referencia no mundo do saxofón. Con el como solista, interpretamos o Concerto para óboe en re menor de Alessandro Marcello, unha fermosa obra de comezos do século XVIII. Grazas, Ángel! Foi unha inspiración compartir estes días contigo e tocar ao teu carón.


Lítore Quartet e Ángel Soria, despois do seu primeiro ensaio xuntos. Conservatorio de Valladares, 02/07/2025.
Lítore Quartet e Ángel Soria, despois do seu primeiro ensaio xuntos. Conservatorio de Valladares, 02/07/2025.

Durante o resto dos días do curso continuamos cun horario intenso de clases e a convivencia co resto do profesorado e alumnado. Foi un pracer pasar estes días con Roberto Pacheco, Judith Montero, Henrique Portovedo e Nicolas Arsenijevic; grandes mestres e persoas coas que compartimos conversas moi agradables.


Esta foi a nosa primeira experiencia como docentes representando ao Lítore Quartet, e gozamos e aprendemos moitísimo. Queremos dar as grazas especialmente a Tomás Alonso, que tamén foi o noso profesor na etapa de estudantes en Palma, por convidarnos ao curso e confiar no noso traballo. Parabéns por esta sexta edición do curso, que encheu de saxofón e cultura toda a área de Vigo. Vémonos o ano que vén!


ree

 
 
 

Comments


LOGO LITORE DEFINITIVO.png
23_04_1917_23_00cliente_ajuntament.png
INAEM 02 CAJETIN ROJO.png
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page