top of page

LÍTORE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SAXOFÓN DE PALMELA 2025!

  • Foto del escritor: litorequartet
    litorequartet
  • 21 jul
  • 2 Min. de lectura

Para pechar o noso encontro de verán e poñerlle o punto final á tempada 2024/25, o domingo 6 de xullo collemos os coches e puxemos rumbo a Palmela, unha fermosa vila ao sur de Lisboa. Alí celebrouse o Festival Internacional de Saxofón de Palmela, un evento que, cada dous anos, reúne amantes do saxofón a nivel internacional nunha semana chea de actividades, formación profesional e concertos. Neste artigo do blog contamos que fixemos alí e que novidades nos trouxo a nosa estrea en Portugal.


Lítore Quartet no seu concerto enmarcado dentro do FISP 2025. Igrexa de Santiago, Palmela, 10/07/2025.
Lítore Quartet no seu concerto enmarcado dentro do FISP 2025. Igrexa de Santiago, Palmela, 10/07/2025.

O luns 7 de xullo arrancaba o festival co Concurso Internacional de Saxofón “Vítor Santos”, no que participaron unha chea de mozos e mozas saxofonistas nas súas 5 categorías. Nós non quixemos deixar pasar a oportunidade de presentarnos na modalidade de música de cámara deste concurso e, tras seren previamente seleccionados nunha fase en vídeo, presentamos o Cuarteto para Saxofóns de Alfred Desenclos na final. ¡A nosa interpretación foi galardoada co Segundo Premio!


Lítore Quartet durante a súa participación no Concurso Internacional de Saxofón Vítor Santos. Fai clic para ver o vídeo! Cine Teatro São João, Palmela, 07/07/2025.
Lítore Quartet durante a súa participación no Concurso Internacional de Saxofón Vítor Santos. Fai clic para ver o vídeo! Cine Teatro São João, Palmela, 07/07/2025.

Durante os seguintes días do festival, puidemos gozar das diferentes actividades e dos numerosos concertos con diversas formacións nas que, como non podía ser doutro xeito, o saxofón tiña un lugar protagonista. Para non saturarnos só con saxofón, tamén tivemos tempo de explorar a gastronomía local e os viños da zona. Aproveitamos o bo tempo para achegarnos á praia en Setúbal e desconectar de cando en vez do rebumbio do festival.


O broche final da tempada sería o noso concerto o xoves 10 de xullo na Igrexa de Santiago, situada no Castelo de Palmela. Con el, estreamos finalmente en Portugal, e despedimos un curso intenso cheo de proxectos e novidades. Nun evento compartido co excelente cuarteto de saxofóns Maat Saxophone Quartet, interpretamos Pypes e Phantom Galop das Fantasy Études de William Albright, Fragments Striées de Hèctor Parra e Andante et Scherzo de Eugène Bozza.


Lítore Quartet recibe o 2º premio no Concurso Internacional de Saxofón Vítor Santos. Cine Teatro São João, 07/07/2025.
Lítore Quartet recibe o 2º premio no Concurso Internacional de Saxofón Vítor Santos. Cine Teatro São João, 07/07/2025.

Grazas a João Pedro Silva por convidarnos a tocar no festival. Foi un lugar ideal para reencontrarnos con caras coñecidas e coñecer novos amantes do saxofón. En especial, gozamos moito das conversas con compañeiros aos que apreciamos enormemente, como Nicolas Arsenijevic, Martin Trillaud ou Nicolas Prost. Foi todo un pracer formar parte do FISP 2025. ¡Ata a próxima!


Lítore Quartet no seu concerto enmarcado dentro do FISP 2025. Fai clic para ver o vídeo! Igrexa de Santiago, Palmela, 10/07/2025.
Lítore Quartet no seu concerto enmarcado dentro do FISP 2025. Fai clic para ver o vídeo! Igrexa de Santiago, Palmela, 10/07/2025.



 
 
 
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
23_04_1917_23_00cliente_ajuntament.png
INAEM 02 CAJETIN ROJO.png
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page