top of page

XUNTOS NA DISTANCIA XIII – ENCONTRO FINAL DA TEMPORADA 2025/26

  • Writer: litorequartet
    litorequartet
  • 4 days ago
  • 3 min de lectura

Actualitzat: 1 day ago

Pechamos a tempada 2025/2026 co encontro máis longo e intenso da nosa historia: 11 actuacións, numerosas viaxes e actividades en tres países diferentes. Aínda que nas vindeiras semanas publicaremos resumos específicos dos catro grandes proxectos que levamos a cabo, neste artigo facemos un resumo de todo o que vivimos durante estas semanas.


Lítore Quartet tras a súa actuación xunto á Agrupación Musical do Rosal no World Music Contest de Kerkrade, Países Baixos. 1 de agosto de 2026, Kerkrade, Países Baixos.
Lítore Quartet tras a súa actuación xunto á Agrupación Musical do Rosal no World Music Contest de Kerkrade, Países Baixos. 1 de agosto de 2026, Kerkrade, Países Baixos.

O 29 de xuño comezabamos a nosa participación como profesores e artistas convidados no festival Vigo Sax Forum 2026, celebrado en Valladares (Vigo). No marco do festival, ofrecemos un concerto o 1 de xullo.


Lítore Quartet con parte do profesorado do Vigo Sax Forum. Valladares, Vigo, 03/07/2026.
Lítore Quartet con parte do profesorado do Vigo Sax Forum. Valladares, Vigo, 03/07/2026.

O 2 de xullo actuamos tamén en Montederramo (Ourense), no que foi o noso primeiro concerto dentro do programa AIEnRuta-Clásicos.


Lítore Quartet actuando no Mosteiro de Santa María de Montederramo, Ourense. 2 de xullo de 2026, Montederramo, Ourense.
Lítore Quartet actuando no Mosteiro de Santa María de Montederramo, Ourense. 2 de xullo de 2026, Montederramo, Ourense.

Tras unha primeira semana intensa, o 8 de xullo viaxamos a Gandía con Brais González para preparar a reposición do seu conto escénico Selkie. Despois duns días de intensos ensaios con Brais e coa directora de teatro Laura Moise, culminamos a xira de Selkie con catro representacións no Teatre del Raval de Gandía (16/07/2026), no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo (18/07/2026), no Auditorio da Xuventude de Cambados (19/07/2026) e no Centro Veciñal e Cultural de Valladares de Vigo (20/07/2026). Ademais, realizamos unha gravación profesional do espectáculo que publicaremos proximamente.


Lítore Quartet interpretando o conto escénico Selkie, de Brais González. Teatre del Raval de Gandía, Comunidade Valenciana. 16 de xullo de 2026.
Lítore Quartet interpretando o conto escénico Selkie, de Brais González. Teatre del Raval de Gandía, Comunidade Valenciana. 16 de xullo de 2026.

O terceiro gran proxecto do verán comezou o 21 de xullo, cando asistimos ao noso primeiro ensaio coa Agrupación Musical do Rosal. Con esta magnífica banda compartimos escenario no World Music Contest Kerkrade, nos Países Baixos. O 1 de agosto interpretamos o terceiro movemento do Concerto para cuarteto de saxofóns e banda de David Maslanka. Ademais, unímonos ao resto da agrupación para interpretar El Jardín de Hera, de José Suñer, e Wine Dark Sea, de John Mackey, acadando unha puntuación de 95 puntos sobre 100 e a medalla de ouro na máxima categoría do certame.


Lítore Quartet xunto á Agrupación Musical do Rosal durante a súa participación no World Music Contest de Kerkrade. Kerkrade, Países Baixos, 1 de agosto de 2026.
Lítore Quartet xunto á Agrupación Musical do Rosal durante a súa participación no World Music Contest de Kerkrade. Kerkrade, Países Baixos, 1 de agosto de 2026.

Na madrugada do 2 de agosto, despois duns días inesquecibles de convivencia cos músicos da Agrupación Musical do Rosal en Colonia (Alemaña) e Kerkrade (Países Baixos), regresamos a Galicia. Os tres días seguintes vivímolos inmersos no Festival Música no Claustro, que nos acolleu no claustro da Catedral de Santa María de Tui nun concerto moi especial celebrado o 3 de agosto. Neste concerto estreamos a obra Lux Glaciei da compositora Irene Cantos, gañadora da nosa convocatoria de composición do ano 2026. Ademais, participamos noutras actividades e asistimos a outros concertos do festival.



Lítore Quartet durante a súa actuación no Festival Música no Claustro. Claustro da Catedral de Santa María de Tui. Tui, Galicia, 3 de agosto de 2026.
Lítore Quartet durante a súa actuación no Festival Música no Claustro. Claustro da Catedral de Santa María de Tui. Tui, Galicia, 3 de agosto de 2026.

Este longo encontro, no que pasamos practicamente 38 días xuntos, chegou ao seu fin coa última actuación no O Rosal Cámara Fest, na parroquia de Tabagón (O Rosal), o 5 de agosto.


Resumo das actuacións do encontro de verán de Lítore Quartet 2026.
Resumo das actuacións do encontro de verán de Lítore Quartet 2026.



 
 
 
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
INAEM 02 CAJETIN ROJO.png
LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page