top of page

RESIDENCIA ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN CEREZALES ANTONINO Y CINIA

Aínda que xa chegaramos a Cerezales del Condado (León, España) o luns 12 de febreiro, a nosa residencia artística na Fundación Cerezales Antonino y Cinia comezou oficialmente ao día seguinte. Alí coñecemos ao novo compositor ucraíno Adrian Mokanu, autor de Tras las Augas Leteas, a obra que estreamos o sábado 17 de febreiro como broche final desta experiencia. Esta nova aventura non lotería sido posible sen Juventudes Musicales de España e a Fundación Cerezales, a quenes agradacemos infinitamente o seu excelente traballo e o seu inmellorable trato.



Fotografía: Juan Luís García


O primeiro día, Luís Martínez nos recibiu e mostrou as modernas e prácticas instalacións da Fundación, en perfecta harmonía coa contorna e as actividades que alí levan a cabo. Quedamos sorprendidos co equipo humano da Fundación e a gratuidade e a calidade de todas as actividades. Sen dúbida, un tesouro no rural da provincia leonesa que actúa como referente cultural a nivel nacional. Tras este primeiro contacto coa Fundación, puxemos en marcha os primeiros ensaios acompañados dunhas vistas marabillosas que nos fixeron sentir en plena natureza. Durante as pausas, saïamos á leira da Fundación para saudar a Quintín, Rogante, Lindo e compañía, as mascotas da fundación. Sen dúbida, alegráronnos muuuuuuuito os descansos.



Aínda que pola tarde tamén ensaiabamos para preparar o noso programa titulado O Sorriso das Tumbas para a nosa xira por Castela e León, todos os días realizabamos unha sesión de traballo con Adrian sobre a súa obra. Con el compartimos ideas musicais que nos achegaron ao ritmo da corrente das augas leteas. O feito de poder vivir con Adrian nunha mesma casa tamén resultou produtivo, xa que nos deu a oportunidade de coñecernos mellor e establecer unha conexión persoal que nos axudou a comprender os matices expresivos do seu estilo compositivo. Por certo! Non poderiamos convivir máis a gusto que no aloxamento rural El Vallín de Lan, unha casa encantadora, incriblemente equipada e cunha atención ao cliente insuperable. Grazas!




O venres 16 de febreiro levamos a cabo a gravación de Tras las Augas Leteas na sala de exposicións da Fundación Cerezales, onde a súa gran reverberación resultou ideal para a idea sonora de Adrian. Alí, Rafa, o técnico de son, e Isma, o técnico audiovisual, traballaron para deixar un bonito recordo da residencia. Moi pronto poderedes ver o resultado nas nosas redes sociais!




O sábado 17 de febreiro tivo lugar a estrea absoluta de Tras las Augas Leteas no auditorio da Fundación Cerezales e a estrea do noso programa O Sorriso das Tumbas. Tivemos a sorte de, como case sempre, rodearnos dos nosos maiores fans: as nosas familias! Elas animáronnos entre os asentos do auditorio para dar o mellor de nós. Grazas familias, tanto as que puidestes vir como as que non, por estar sempre aí e ser o noso maior apoio. 




Foi unha experiencia fantástica, na que nos sentimos moi ben tratados e acollidos. A natureza, os animais e o bo tempo acompañáronnos durante intensos días de ensaio cheos de ilusión que supuxeron un paso máis no noso desenvolvemento artístico e persoal. Grazas de novo á Fundación Cerezales Antonino y Cinia, en especial a Luís Martínez pola súa atención e traballo, a Juventudes Musicales de España, en concreto a Eloy Fernández polo seu constante apoio, a Juan Luís García polas súas incribles fotos e gravacións, e a Adrian pola súa nova obra.


Ata pronto!


Fotografía: Juan Luís Martínez



LOGO LITORE DEFINITIVO.png
bottom of page